miércoles, 11 de abril de 2018

En xuño terá lugar a Gala de Ximnasia 2018 en Negreira


O sábado 2 de xuño vai a ter lugar no Pavillón de Pedra Mámoa a V GALA DE XIMNASIA RITMICA e a FASE FINAL INTER-ESCOLAR de NEGREIRA.

O evento estará organizado polo Concello de Negreira e o Club Ximnasia Compostela, e terá un horario de 10:00 h. a 14:00 para o Torneo Inter-Escolas e de 17:30 h. a 20:00 h. para a Gala de Ximnasia Rítmica.

No apartado de programa podes mirar os horarios de actuación e participantes nesta gran Festa do Deporte.

A Delegación de Cultura e Deportes prepárase para unha cita importante das Escolas Municipais de Ximnasia Rítmica de Negreira, nun evento xa consolidado no calendario de actividades do Concello.

Animo a todas e todos !!