lunes, 4 de junio de 2018

Exitosa xornada de Ximnasia Rítmica en Negreira



O I TORNEO INTERESCOLAS pechou a súa andadura en Negreira cun exitoso seguimento por parte dos centos de familias que ateigaron o Pavillón de Pedra Mámoa.

Como rezaba o titular dalgún medio de prensa escrita, "Negreira foi o epicentro da Ximnasia Rítmica", cunha xornada matinal de formato Torneo e cunha Gala, que cumpriu o 5º ano de vida nunha xornada de tarde cun fantástico día.

Dende o Concello queremos felicitar a todas as ximnastas presentes en Negreira así como os Clubes, Entidades Deportivas e familias presentes o pasado sábado 2 de xuño.

No tocante o grupo de ximnastas de Negreira non puideron sair mellor os resultados neste Torneo, con varios podiums que refrendan o gran traballo da súa profesora María Fernández, e o esforzo e dedicación das nosas deportistas:
Kiara García: 3ª Clasif. Individual Iniciación
Sara Verde: 1ª Clasif. Individual Alevín
Xiana García: 1ª Clasificada Individual Infantil
Conxunto Alevín: 2ª Clasificadas
Coxunto Infantil: 1ª Clasificadas


Agradecer a participación no TORNEO INTERESCOLAS:

ESCOLA MUNICIPAL XIMNASIA RITMICA NEGREIRA
CLUB DEPORTIVO XIMNASIA RITMICA COMPOSTELA
CEIP OS TILOS
CLUB IN MARE
CLUB XIMNASIA RITMICA ABEGONDO
CLUB BRIO CLUB MANIOTAS
CLUB PORTA NORTE
CLUB GRAVITTY
CLUB XIMNASIA CORUÑA
ESCOLA XIADA
CLUB MARUSIA OURENSE
CLUB MARUSIA RIBADAVIA
CLUB MARUSIA CARBALLIÑO
ESCOLA M. MACEDA
ESCOLA M. CELANOVA
e tamén dar as gracias as participantes na V GALA "VILA DE NEGREIRA":

ESCOLA MUNICIPAL XIMNASIA RITMICA NEGREIRA
CLUB DEPORTIVO XIMNASIA RITMICA COMPOSTELA
ESCOLA XIMNASIA RITMICA COMPOSTELA
ACROBÁTICA COMPOSTELA
CLUB XIMNASIA OROSO
CEIP OS TILOS
COLEGIO LA INMACULADA
XIMNASIO SQUASH SANTIAGO
COLEXIO LA SALLE
AEROCLUB SANTIAGO
COLEXIO MANUEL PELETEIRO

Esperamos que o Encontro Interescolas e a Gala Vila de Negreira sigan
medrando e continúe moitos anos, dar a noraboa as gañadoras no Torneo, e esparamos a todos o vindeiro ano. Boas vacacións!!